1/4
  • Inicio

  • Quen somos

  • Espectáculos Mamá Cabra

  • Contacto

  • More

    15 anos 1.jpg

    15 anos 1.jpg

    1/3

    MAMÁ CABRA

    © 2015 Urdime S. Coop. Galega  |  web Mamá Cabra

    "...despois de ler o poema do “Timoteo”, Gloria emocionada  e ilusionada  toma unha decisión,  encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde,  de sons máxicos que darán vida a historias máxicas, como a da   cabritiña que se  convertirá en Mamá,  a nosa Mamá Cabra."

    Mamá Cabra 15 anos facendo música para toda a familia

    +34 981 937 424

    +34 698 132 935
    +34 619 920 335​

    info@urdime.net

    www.urdime.net

    • Wix Facebook page
    • YouTube Classic
    Mamá Cabra
    Paxaro amigo · Músicas para a paz
    discos
    O novo espectáculo no que voaremos para sementar mensaxes cos que acadar un mundo mellor e máis xusto

    NOVA

    PRODUCIÓN

     

    Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé.

     

    Discordia disfruta facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo.

     

    Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.

     

    “Que todos nun pispás,

    compartan cos demais,

    dando amor ao redor,

    que en paz se vive … mellooooooorrrrrr.”

     

    O novo espectáculo de Mamá Cabra, inspirado no reciente libro publicado polo grupo “A Bruxa discordia”, unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.

    Máis info
     

    Mamá Cabra é o grupo musical pioneiro na creación de espectáculos para a infancia.  Este ano celebran o seu 15 aniversario, unha longa viaxe que nos deixa 12 discos e centos de cancións para saltar, bailar e reflexionar. 

     

    Para celebralo a nosa Mamà Cabra presèntase renova e cargada de enexía, e está preparandose para un ano cheo de sorpresas.

     

    Queremos agradecervos a vosa compañía nesta longa viaxe, convidándovos a continuar o soño xunto con nós, o soño da Mamá Cabra cantareira e festeira que sempre está disposta a facervos pasar o mellor momento.

    Mamá Cabra  -  15 primaveras
     

    Despois de ler o poema do “Timoteo” do libro “Rimas con letras”, Gloria emocionada  e ilusionada  toma una decisión,  encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde,  de sons máxicos que darán vida a historias máxicas, como a da   cabritiña que se  convertirá en Mamá,  a nosa Mamá Cabra.

     

    Gloria acompañada  de moitos artistas apaixoados  medran  ao carón dos máis cativos e cativas,  con cancións que ao longo de estes  anos quedaron nas nosas memorias . Esta  aventura  cumple este ano o 15 aniversario.

     

     

     

    Mamá Cabra presenta o espectáculo  no que fará un percorrido pola historia do grupo e da súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de “Concerto-Teatro”  no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda. 

    O espectáculo  co que celebramos o 15 aniversario de Mamá Cabra

    1/12
    Máis info