1/4
  • Inicio

  • Quen somos

  • Espectáculos Mamá Cabra

  • Contacto

  • More

    15 anos 1.jpg

    15 anos 1.jpg

    1/3

    MAMÁ CABRA

    © 2015 Urdime S. Coop. Galega  |  web Mamá Cabra

    Somos un grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil. A nosa história remóntase ao ano 2000, e  partíu primeiramente para facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria, unha das fundadoras do grupo.

     

    A primeira canción naceu na biblioteca do colexio no que estaba Gloria, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez que está no libro “Rimas con letra”. Empezamos coa idea de facer un disco: CANTOS RODADOS, de dez temas que se baseaban en poemas de autores como: Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández... e Gloria Sánchez, claro. Pero acabamos subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical.

     

    Despois de 15 anos de historia, Mamá Cabra consolídase como unha das bandas de música infantil  de referencia Centradas no seu público, editaron durante este tempo 12 traballos nos que participaron  moitísimos músicos que nos aportaron todos os ingredietnes para medrar e ser a Mamá Cabra que somos hoxe.

     

    O 2015 é un ano especial, pois cumplimos 15 anos  nos escenarios, isto fainos rebulir de alegría. A Mamá Cabra está ansiosa de festexalo con todos vos e para elo está preparando un ano chego de sorpresas. 

     

    Estade moi atentas e atentos!!!

    Mamá Cabra 15 anos facendo música para toda a familia